E así nos estrenamos..., coa
celebración do Samaín. Dous vídeos nos ensinan tanto o traballo feito no
cole coma o realizado polas familias.
A
decoración dos pasillos e das aulas por parte dos profes e dos alumnos
creou un ambiente terrorífico e de medo...... e coa decoración das
cabazas feitas polas familias, comprobouse a gran complicidade que teñen
ao traballar xuntos tanto os pais como os fillos.
Foron 3 días de exposición de cabazas, dando como resultado unha maravillosa composición de colorido e creatividade.
O
fin de festa púxoo un taller de maquillaxe feito polas profes do
departamento de inglés de primaria e pola coreografía da canción "Maxín
Samaín" feita polos nenos de Educación Infantil e 1º-2º-3º do cole da
Alameda.
Por último
indicar que esta actividade se puido levar a cabo tanto pola
coordinación do equipo de extraescolares e de dinamización lingüística,
como polo bo facer de toda a comunidade educativa que colaborou
(profesores, alumnos e familias).